El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Delimitan o Camiño dos Faros accesible a cadeiras de rodas

A asociación que promoveu a ruta deseñou un mapa // Contén datos e imaxes de cada tramo

Un momento da segunda etapa do Camiño dos Faros Infantil - FOTO: O Camiño dos Faros
Un momento da segunda etapa do Camiño dos Faros Infantil - FOTO: O Camiño dos Faros

JOSÉ M. RAMOS. MALPICA   | 16.05.2018 
A- A+

A Asociación O Camiño dos Faros segue dando pasos para facer o máis inclusiva posible a ruta de sendeirismo que une Malpica con Fisterra pola beira do mar, e vén de deseñar un mapa para que as persoas en cadeira de rodas tamén podan percorrer e desfrutar varios tramos da senda (http://www.caminodosfaros.com/accesibilidad/).

O mapa é bastante completo e amosa os tramos accesibles con comentarios, fotografías e imaxes de Google Street View, e tamén os puntos de interese, aloxamentos e servizos. A asociación fixou tres tipos de tramos, en función da súa dificultade, os cales sinalizou con tres cores diferentes. Os de cor verde son os máis doados (asfalto, paseos de madeira e sendas marítimas); os amarelos teñen unha dificultade intermedia (normalmente chans, pero con pistas de zahorra ou pequenas pedras) e os laranxas son os máis complicados pero, aínda así, accesibles con cadeiras de rodas (zahorra con pedras grandes ou pequenos sendeiros).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt