El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A festa da pataca xuntará a calidade e a creatividade

Coristanco acollerá esta fin de semana a trinta e sete edición // O concurso de tractores engalanados é un dos pratos fortes

Unha das esculturas a base de patacas do concurso de tractores celebrado o ano pasado en Coristanco.
Unha das esculturas a base de patacas do concurso de tractores celebrado o ano pasado en Coristanco.

J.M.R.  | 13.09.2017 
A- A+

Coristanco renderá homenaxe esta fin de semana ao seu produto estrela: a pataca. Exposicións, actos literarios, xogos, música e degustacións encherán de contido a XXXVII Festa da Pataca, que arrincará o sábado, día 16, ás 12.00 horas cunha concentración de coches clásicos na Praza do Concello, que despois percorrerán as rúas da vila.

A xornada do sábado completarase con xogos infantís, a partir das 17.00 horas; a presentación do libro Lembranzas, un álbum fotográfico da parroquia de Traba, ás 19.00 horas no salón de actos; e a actuación dunha orquestra no parque municipal, a partir das 22.30 horas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt