El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Licitada en 782.000 euros a ampliación e mellora do vial de Cespón a Vidres

A plataforma pasará a ter 6 metros de ancho, faranse beiravías e retocarase o trazado

S.S. BOIRO  | 15.02.2018 
A- A+

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou onte a licitación, por importe de 782.718,28 euros, das obras de ampliación e mellora da estrada provincial DP-1102 de Cespón a Vidres, no termo municipal de Boiro. A este importe hai que sumarlle os 142.266,73 euros destinados ás 208 expropiacións necesarias para a execución dos traballos.

As obras, que abarcarán un tramo de preto de dous quilómetros entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+700, consistirán na ampliación da plataforma da estrada, dotándoa de carrís de tres metros (na actualidade son de dous metros e medio) e beiravías dun metro. O proxecto inclúe tamén unha mellora do trazado, suavizando algunhas das curvas existentes, o que axudará a dar maior fluidez e seguridade ao tráfico.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt