El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Pontón asegura que detrás de Castelao "emerxe toda a dignidade do pobo galego"

M. G.   | 14.01.2018 
A- A+

RIANXO Alfonso Daniel Rodríguez Castelao recibiu onte unha homenaxe na súa terra natal (Rianxo) organizada polo Bloque Nacionalista Galego no auditorio, para conmemorar o 68 aniversario do seu falecemento. O acto contou coa participación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que estivo acompañada de Elvira Blanco, membro da dirección de Galiza Nova, e Adolfo Muíños, alcalde da localidade.

Na súa intervención, Pontón manifestou que detrás da figura do insigne escritor "emerxe toda a dignidade do pobo galego" e que, aínda nos nosos días, "segue sendo unha figura incómoda que tentan ocultar e manipular porque saben que Castelao segue axitando conciencias e espertando vontades", remarcou.