El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Tres obradoiros para formar a 52 persoas na Costa da Morte

Abarcarán seis concellos e están destinados a desempregados // A Xunta invertirá máis de 700.000 €, un 10% máis que o ano pasado

Acto de clausura do último obradoiro celebrado na Laracha e Arteixo.  - FOTO: C. de Laracha
Acto de clausura do último obradoiro celebrado na Laracha e Arteixo. - FOTO: C. de Laracha

JOSÉ M. RAMOS  | 14.09.2017 
A- A+

A Costa da Morte contará neste cursto con tres obradoiros de emprego para formar a 52 persoas desempregadas, segundo confirmou onte o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.

Na comarca de Bergantiños comezarán ao longo deste mes dous obradoiros de carácter xeral. O Concello da Laracha impartirá, a partir da vindeira semana e xunto con Arteixo, as especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e traballos de carpintería e moble. Pola súa banda, o Concello de Dumbría organiza, xunto cos de Mazaricos e Santa Comba, un ciclo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e outro de promoción turística local e información ao visitante. O comezo, neste caso, está previsto para o día 29. Estes dous obradoiros están dotados cun investimento de 280.000 euros cada un, e acollerán a 40 alumnos-traballadores. A duración dos mesmos amplíase de seis a nove meses.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt