El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Lanzan unha campaña de alegacións colectivas ao decreto da Risga

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia anima a presentar o seu documento na Xunta

Imaxe da campaña de alegacións da ODS-Coia
Imaxe da campaña de alegacións da ODS-Coia

SALOMÉ BARBA   | 13.01.2018 
A- A+

Santiago. Cun retraso de tres anos e medio sobre o estipulado na lei, a Xunta publicou a finais do 2017 a súa proposta do decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social, é dicir, a Renda de Inclusión Social, a Risga. Tras a publicación do borrador, abríu un periodo para presentar alegacións ata o día 19 de xaneiro.

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia), en Vigo, acaba de lanzar unha campaña para que a cidadanía presente alegacións ao decreto nos registros de la Xunta, para o que proporciona, incluso, o documento coa súa proposta. "Fronte a esmola social da Risga e do resto de políticas sociais propoñemos a creación dun novo dereito que supere a política vixente de prestacións e axudas sociais que non eliminan nin o empobrecimento nin a desigualdade", explican.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt