El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

TRIBUNA LIBRE

JOSÉ FERNÁNDEZ LAGO (*)

Pregón agresivo e insultante

15.02.2018 
A- A+

AFALTA DE PESO non debería ser condición suficiente para pregoar unha festa calquera, mesmo o Carnaval. O que acontece é que, cando falta esa categoría, o interesado coida que é a persoa indicada para ser o pregoeiro; e, se llo encomenda, directa ou indirectamente, o que chegou ao cumio no eido da administración local, o escollido considérase provisto de tódalas condicións requiridas, máxime se o seu apelido é Santiago...
Antes de nada, habería que decatarse da diferenza entre “ o pregón do Carnaval” e “a Carnavalada”. Este ano 2018, polo de agora, os composteláns tivemos mais ben unha Carnavalada. Esta aprovéitase do que ten mais a man, e, por ser un o que a leva a cabo, coida que xa fai graza, mesmo se fire desde o seu “púlpito” o corazón da maioría dos cidadáns. Aprovéitase de que os seguidores de Santiago o de Zebedeo non toman represalias. Nin o pregoeiro en cuestión nin quen o encargou de facelo se meten con algunha outra relixión, por medo a perder a integridade das súas persoas... Os encargados do pregón destas festas metéronse de mal xeito co Apóstolo que lles da de comer. Dis que queren facer da nosa cidade unha cidade aberta, e intentan cobrarlles mais cartos aos que pisan a nosa terra e consumen nela. Á case totalidade deles, e a moitos residentes en Santiago, fírenos nos seus sentimentos, ao meterse coa Virxe María dicindo algo que ao pregoeiro lle saía dos seus pes ou do seu apetito sexual. Iso ven contemplado como aceptable polo Sr. Alcalde, que coida que o título das catro letras, aplicado á Virxe María, ou á nación española, é un título que encaixa nestas festas. Por que se queixará entón se empregan a mesma palabra para referirse á súa nai?
E coidan vostedes que o que dixo o pregoeiro era cousa que puidera facerlle graza a alguén?: quizás o pouco que contou do seu amigo Xudas? Desde logo cos seus insultos ao mais sagrado, non contentaría mais ca aos seus incondicionais... Agora, reflectindo un pouco sobre as esixencias deses grupos verbo de algúns deputados ou ben concelleiros de outros partidos, que a miúdo esixen a súa dimisión ou que polo menos vaian dar contas ao Parlamento, por algo pouco xusto que fixeron ou dixeron, cómpre aplicarlles o mesmo a eles: Os que ofenderon os sentimentos relixiosos de moitos cidadáns e forasteiros -cousa penada no código civil-, vai quedar así...? Xa que o arrepentimento polas feridas causadas non entra nos seus criterios, polo menos deberían pedir desculpas a toda a cidadanía, sen empregar o vocábulo electoralista “erros”, se non expresando a súa dor polo que fixeron. O caso é que, aínda que o pregoeiro e agresor fora unha persoa concreta, hai outras implicadas subsidiariamente, desde o edil que elixiu ao que fixo o pregón, ata o mesmo alcalde, responsable principal do que se promove na nosa cidade.

(*) El autor es canónigo lectoral