El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » La Quinta

EDITORIAL

As matemáticas tamén falan galego

13.03.2018 
A- A+

LINGUA De sumamente acertada pode calificarse a incorporación de 168 termos matemáticos ao Dicionario da Real Academia Galega, grazas ao traballo de dez expertos na materia. En primeiro lugar, porque a participación deses expertos garante que os termos elixidos son os mellores para cada un dos conceptos que se queren expresar. En segundo lugar, porque estas incorporacións contribúen a enriquecer a lingua galega nunha disciplina considerada básica, por exemplo, en sectores como o das novas tecnoloxías, coa omnipresencia que este campo ten na sociedade actual. E en terceiro lugar, e non por iso menos importante, porque esta actualización do Dicionario da RAG no mundo matemático é unha clara mostra de que o idioma galego está vivo e de que o seu uso é, ademais de oportuno, posible en todos e cada un dos ámbitos nos que un galegofalante pode relacionarse. E é así, con iniciativas como estas, coas que se dota aos usuarios da lingua galega das ferramentas necesarias para poder poñela en práctica, como se contribúe a impulsar o seu uso, máis alá dos ámbitos do estritamente lingüístico ou literario. Parabéns!