El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Santiago | santiago@elcorreogallego.es  |   RSS - Santiago RSS

CA abónase ó autobombo e vende como propios proxectos da Xunta e Fomento

Saca peito por poñer en marcha a variante de Aradas ou o enlace orbital cando a súa presenza é testemuñal

A conselleira Ethel Vázquez, Agustín Hernández, Paco Reyes e Jesús Chenel, nas obras da variante de Aradas. - FOTO: ECG
A conselleira Ethel Vázquez, Agustín Hernández, Paco Reyes e Jesús Chenel, nas obras da variante de Aradas. - FOTO: ECG

MARTÍN FERNÁNDEZ   | 17.05.2018 
A- A+

"O Goberno de Compostela Aberta segue desbloqueando proxectos de cidade longamente esperados como a variante de Aradas, as conexións da AP-9 coa Cidade da Cultura, os avances para o Orbital...". Desta forma, e xusto despois de que o Pleno da Corporación aprobase este martes o convenio para a construción da plataforma peonil vinculada á estación intermodal, que asinarán o Concello, a Xunta e ADIF, Compostela Aberta publicaba este chío en Twitter no que se autoaplaudía por "desbloquear proxectos de cidade longamente esperados", cando en realidade son na súa maior parte infraestruturas que veñen de Gobernos anteriores e nas que ademais Raxoi non ten peso específico, posto que son actuacións executadas pola Xunta e polo Ministerio de Fomento. Chama a atención ademais a actitude triunfalista de Compostela Aberta trala a aprobación do convenio para a construción da plataforma peonil da estación intermodal, tendo en conta que se levou a cabo con seis meses de atraso.

Así mesmo, a euforia de CA con respecto o proxecto intermodal para a capital galega contrasta de cheo coa posición, por exemplo, do BNG. O portavoz municipal nacionalista, Rubén Cela, tralo Pleno extraordinario para a aprobación do convenio da pasarela peonil da estación intermodal, sinalou que "Compostela Aberta asume, de pé a pa, o proxecto do Partido Popular". "O Concello de Santiago vai ter que pagar, a diferenza doutros concellos, case 1,7 millóns de euros por esa pasarela, cando a estación de tren é unha competencia de ADIF e a estación de autobuses da Xunta", indicou Cela, que engadiu que deste xeito "o Concello vai pagar o 30 %, a Xunta outro 30 % e o Estado o 40 %, cando noutros concellos non pagan nada".

Ademais, segundo o BNG, "o Concello de Santiago vai ter que ceder gratuitamente os terreos de propiedade municipal, as expropiacións dos terreos como terreo rústico (que pode multiplicar por catro o seu valor) e asume voluntariamente os custes de mantemento desa pasarela por máis de 120.000 euros anuais, en vez de asumilos ADIF ou a Xunta".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt